“Os Fantom son uns fantasmas un chisco peculiares
Máis que medo… dan risa. Esta é unha historia que se move ás veces polo máis acó, ás veces polo máis aló, pero sempre, sempre, no territorio da gargallada máis terrofífica.”
A miña segunda novela, “Os Fantom” , gañou o Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2018.
O xurado do certame, convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia, destacou da novela o seu marcado sentido do humor á hora de narrar a viaxe da familia Fantom, unha familia de pantasmas con superpoderes, dende o “Máis Máis Aló”, ao “Mundo dos vivos”.
Esta obra, ilustrada por Alba Cid, está dirixida a rapaces e rapazas de 10 anos en adiante.

Os Fantom