«Herdar unha mansión semella ser sempre unha boa nova, pero se nesa casa viven uns cabezombis dispostos a que o inquilino teña unha estancia do menos convencional poden pasar moitas cousas divertidas.»
Está é a sinopse da miña primeira novela infantil, «Os Cabezombis na Mansión Espello». A obra, que foi publicada na colección Árbore de Editorial Galaxia en outubro de 2016, está recomendada para rapaces a partir de 10 anos.
«Os Cabezombis na Mansión Espello» é unha obra de humor, aventuras e fantasía que conta con ilustracións realizadas por Perrilla.
Se queres mercar a novela podes atopala en liberías de toda Galicia ou en webs como Amazon, que realizan envíos a toda a península.