Crítica de Os Peloteiros na Revista Criaturas

Sempre é unha boa nova saber que os lectores desfrutan dos textos que escribes. Pero aínda é máis emocionante coñecer que os teus libros deixan unha pegada profunda na xente que se aproxima a eles.

A Revista Criaturas de Literatura Infantil e Xuvenil publicou a semana pasada a crítica de Daniel Landesa, acerca do meu novo libro infantil «Os Peloteiros» .

Do libro, destaca o seguinte:

«Dos libros que se len na infancia, hainos que permanecen para sempre na memoria e que se lembran cunha mestura de fascinación e nostalxia, no meu caso, a miña particular madalena (*a forma en que antes chamabamos aos muffins) de Proust literaria é Un solo de clarinete de Fernando Almena (Barco de Vapor, 1984).

Penso que dun modo similar vai funcionar  Os peloteiros, de Patricia Mallo, para aquelas rapazas e rapaces que se poidan achegar a este texto marabilloso, unha lectura moi acaída para o verán, na que o deporte se emprega como telón de fondo nunha novela iniciática onde descubrir a amizade, a deportividade ou o compañeirismo.»

…o fútbol non é se non unha excusa para debuxar o que creo que é o verdadeiro leit-motiv do relato, o universo do rural que se debuxa na novela, lonxe do costumismo e da idealización, para o que se reclama o dereito a existir…»

A crítica completa, pódese ler no seguinte link.

Crítica de la novela infantil «Os Peloteiros».

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s